miércoles, 7 de junio de 2017

INDICE

En cada apartado de este índice estarán todos os enlaces necesarios para poder ir a cada unha das evidencias requeridas.


1. Cuestionario KPSI
2. Deseño de tarefas integradas. Parada de 3´
3. Liña do deseño da miña tarefa.

4. Rúbrica para avaliar a miña tarefa
5. Dúas evidencias que fixeran os meus alumnos na tarefa deseñada por min relacionadas cos estándares e buscando a reflexión do alumno.
6. Despois da implementación na aula recollo:
7. Grellas do deseño da miña tarefa.
8. Lista de pros e contras cara o cambio metodolóxico...
9. KPSI final

Reflexións finais

Mentras a sociedade vai cambiando e avanzando sen parar, parece que a escola queda petrificada, ancorada no pasado, usando metodoloxías anticuadas baseadas no traballo mecánico, memorístico e repetitivo.
A lei educativa fala de traballos por proxecto, de competencias, de tarefas integradas, de traballo cooperativo... de moitas cousas fabulosas que logo son moi difíciles de levar a cabo porque a administración non pon os medios necesarios.
Sentímonos illas intentando aplicar o que a mesma lei di, rodeados de libros de texto que impoñen a metodoloxía tradicional, rodeados de compañeiros que non se atreven ou non queren avanzar, rodeados de incomprensión e cargados dunha ilusión inicial que vai esvaecendo co tempo.

Si, o curso me aportou ilusión nova por seguir avanzando no cambio metodolóxico e espero poder comunicar esa ilusión ás miñas compañeiras para non sentirme tan soa e porque penso que o traballo cooperativo entre as docentes podería axudar a que todo fora máis doado.

martes, 6 de junio de 2017

Evidencias

Algúns equipos inda están recollendo información. Este proceso podemos velo nas seguintes evidencias:

 Sobre a historia da roda




















A historia dos barcos

Outros equipos están planificando e facendo os bosquexos do seu cómic:

 


E outros xa están confeccionando o cómic:



Despois da implementación na aula, reflexiono

  • 3 cousas a manter
Non cabe duda que esta forma de traballar lles resulta máis atractiva aos rapaces e rapazas e por iso a repetiría. Aprenden máis, son partícipes da súa aprendizaxe todo o tempo e están guiando e establecendo a súa pripoia velocidade.
O mantería tamén porque é un beneficio para á competencia emocional. O feito de que teñan que estar pendentes dun compañeiro, animándoo, incluso tirando por el ou ela e tendo que pactar e acordar cada cousa que fan, favorece a empatía e a educación social e emocional.
Mantería o feito de que foran eles os que elixiran o tema do seu traballo porque esto lles fai todavía máis participes e donos do seu quefacer co cual síntense co maior responsabilidade.

  •  3 cousas a modificar
Modificaría o de ofrecer un abanico tan amplo para escoller xa que á hora de axudalos e guialos me está resultando demasiado complicado como xa me esperaba.
Modificaría o feito de que dependéramos tanto dos medios informáticos. Deberíamos ter tamén outros recursos como libros ou textos escritos porque ante un problema técnico (como tivemos) nos que quedamos sen ordenadores ou sen internet, quedamos tamén  parados co noso traballo
Modificaría tamén a magnitude do traballo esixido. Creo que non estaba demasiado axustado á idade á que iba destinada a tarefa. O mellor necesitarían máis xuda o ter máis modelos que lles axudara.

jueves, 1 de junio de 2017

Reflexións sobre a rúbrica para avaliar a miña tarefa

REFLEXIÓNS SOBRE A RÚBRICA PARA AVALIAR A MIÑA TAREFA

  • Pode pasala o alumno/a?
Creo que o alumno pode pasar a rúbrica pero con axuda. É dicir; creo que se o facemos en voz alta lendo e comentando entre todos, pode ser máis doado para eles.
  • Recolle a información principal?
Creo que a rúbrica recolle a información principal sobre sobre os estándares que se traballaron coa tarefa inda que quizáis recolle demais. Non teño moita experiencia en rúbricas e me resultou moi difícil elaborar esta. Supoño que por ensaio e erro e a forza de facelas e aplicalas irei pulindo as dificultades.
  • Facilita a obtención dunha cualificación?
 Creo que non será fácil obter unha cualificación desta forma, pero é que realmente é difícil organizar ideas, estándares, cualificacións. Non sei que poderá pasar pero supoño que probando é como poderei ir aprendendo a mellorar este aspecto.